A billarda é un dos xogos tradicionais que mellor representan a continuidade entre cultura popular e práctica deportiva contemporánea en Galiza. Despois de décadas case desaparecido do espazo público, recuperouse como deporte federado e segue gañando presenza en festas, romarías e xornadas deportivas. A Federación Galega de Billarda convoca a edición 25-25 e necesita unha imaxe que funcione fóra do imaxinario folclórico habitual.
A peza parte dunha decisión radical. Eliminar a representación literal do xogo (palán, billarda, xogador) e substituíla por unha tradución tipográfica do movemento. A tipografía traballa en escalas extremas, con letras parcialmente fóra de cuadro e con desenfoque selectivo que recrea a sensación de impacto e velocidade. O degradado de fondo achega luz de día aberta, contexto natural da práctica do xogo.