Este traballo nace da idea de levar a historia a un lugar cotián. A mesa.
Un proxecto de mantelería realizado en papel reciclado para o seu uso en hostalería sobre o antigo Reino de Galiza no que xuntamos deseño gráfico, ilustración e investigación histórica. Un mapa pensado para mirar con calma, para ler mentres comes, para espertar curiosidade e ganas de saber máis.
Un traballo feito desde o territorio, en galego, con rigor e cunha clara vontade divulgativa.Gañador do premio do Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia 2025 da Deputación da Coruña.