Deseño gráfico para estas xornadas, idea foi crear unha peza clara, directa e contemporánea, onde a tipografía, os espazos en branco e a xerarquía visual axuden a ler e entender o que se propón. Cada decisión gráfica responde a unha intención. Facilitar a lectura, dar presenza ás narrativas das mulleres e situar o contido no centro.
Traballamos cunha estética sobria e honesta, pensada para divulgar, para circular polas redes e polos espazos culturais sen perder identidade. Un deseño que acompaña unha reflexión colectiva e actual.