Onde van os marcos?
Deseño gráfico

Onde van os marcos?

2025 Distrito Xermar
AELG

A xornada "Onde van os marcos?" reuniu voces literarias e críticas en torno á cuestión dos límites que se impoñen ás narrativas das mulleres na cultura galega contemporánea. O encargo non era ilustrar un tema, senón construír un soporte gráfico capaz de acompañar unha conversa, de circular en redes, e de presentarse como peza identitaria do encontro.

A decisión central é a renuncia á ilustración figurativa. Toda a carga visual recae na tipografía, na xerarquía e nos espazos en branco. A pregunta do título trátase como elemento gráfico autónomo, capaz de funcionar tanto en cartel A1 como en cuadrado de Instagram sen perder presenza.

Onde van os marcos?
Gustaríache levar a cabo un proxecto coma este?