Silencios Silencios Silencios Silencios Silencios Silencios
Deseño gráfico Fotografía Imprenta

Silencios

2025 Distrito Xermar
Alberte Sánchez Regueiro

Silencios é un libro de fotografía que recolle máis de douscentos momentos reais captados sen artificio nin escenificación. Imaxes feitas con calma, en lugares onde o tempo parece deterse. Paisaxes, espazos e escenas cotiás que falan a través da ausencia de ruído e da presenza da luz.


O libro constrúese como unha experiencia visual continua. Non conta unha historia lineal. Propón un percorrido emocional baseado na observación, na espera e na atención ao detalle. Cada fotografía funciona como unha pausa consciente fronte á velocidade diaria.

 
Silencios é unha invitación a mirar doutro xeito. A parar. A comprender que tamén hai mensaxe no que non se di. Un proxecto persoal e honesto que reflicte unha maneira de entender a fotografía como acto de presenza.

Silencios Silencios Silencios Silencios Silencios Silencios
Gustaríache levar a cabo un proxecto coma este?